Milladoiro

viernes, 8 de abril de 2011

Grabación de son

Grabación de son

Dixitalización do son

Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización. E ese proceso repítese no sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...
A dixitalización dun son supón tomar mostras do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (
I). Cuantas máis veces mídase o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.

Formatos de son

Cando se dixitaliza son, a información ha de ser gardada en arquivos nalgún dos formatos de audio existentes. Na seguinte táboa detállanse algúns dos formatos de audio máis utilizados.
WAV: É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.
MIDI: Nestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que teñen peor calidade. 
MPS: Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espazo, con pouca perda de calidade. 
OGG: Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU. 
WMA: Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows Media que vén incorporado en Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
Real Audio: é un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que se vai reproducindo á medida se se le, en tempo real.

Ten en conta
O maior inconvinte de almacenar sons no ordenado é que, se o son ten boa calidade, o tamaño dos arquivos será moi grande, polo que soe recurrise a algún dos formatos de compresión do audio.

Máis información
O son prodúcese cando un corpo vibra (altavoces dun equipo de música, cordas vocais humanas ou animales, bote de hoxalata ao ser golpeado...) e esas vibracións chegan, en forma de ondas, ao oído; o tímpano do oído tamén vibra, transmite as vibracións á cadea de osiños e, de aí, aos nervios do órgano do oído ata chegar ao cerebro.
O son pode transmitirse, mediante ondas vibratorias, por calquer medio (líquido, sólido, gaseoso), pero o máis frecuente é que o faga a través do aire.

Grabaciones

Música
Audacity é unha aplicación que permite grabar, editar e gardar os arquivos do audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está dispoñible para Windows e para Linux.




Voz
Pódese utilizar o Grabador do son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade soe estar incluída en todos os programas de edición de son e vídeo.
Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón para realizar a grabación.




 CD de audio

Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores.

  • En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato wma ou mp3.






  • En Linux, un exemplo é Sound Joicer.


Tarxeta de son