8. CONEXIÓN A INTERNET
- Proveedor de servicios de Internet.
- Tipos de contas de acceso a Internet.
- Módem e router.
- Tipos de conexión.
- Conectar o router cos dispositivos.
- Configuración dunha conexión ADSL e comprobacións.
- 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
- 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
Provedor de servizos de Internet
A conexión a internet realízase a través dun Provedor de Servizos de Internet (ISP). Este provedor subministra un conxunto de datos que fan posible a configuración da conexión. Este conxunto de datos coñécese como conta de acceso a internet.
Unha conta de acceso a internet está formada por:
Datos sumistrados - Ejemplo
Nome de usuario - eric.valor
Contrasinal - Campello
Teléfono ou nodo de acceso do provedor - 909101010
DNS Primaria (opción segundo provedor) - 194.127.1.25
DNA alternativa (opción segundo provedor) - 194.127.1.50
Tipos de contas de acceso a internet
As contas poden ser:
- Gratuítas. Non hai que pagar o provedor por facilitarnos esta conta. Cada vez que se accede págase o tempo de conexión. Ofrécese para conexións analóxicas e se tarifica a prezo de chamadas locais.
- Con tarifa por franxa horaria. Ofrécense distintas tarifas en función do tempo de servizo (a partir das 6 da tarde, 24 horas, etc.) ou do ancho de banda contratado (2 Mbps, 8 Mbps, etc.).
- Tarifa plana. É a opción habitualmente usada nas liñas ADSL onde a tarifa dependerá da velocidade de conexión contratada, independentemente do tempo de acceso.
Modem ou router
Modem. É un acrónimo dos termos MOdulador-DEModulador; é dicir, é un dispositivo que transforma os sinais analóxicos e viceversa.
Router. Utilízase para a interconexión de redes de ordenadores. Por exemplo, na liña ADSL conéctase a rede do usuario (dixital) coa rede internet (dixital).
Se é inarámico permitirá o acceso a internet dende dispositivos que se conecten vía WiFi.
Os modos habituais de conexión adoitan ser a través de:
Tipos de conexión
Os modos habituais de conexión adoitan ser a través de:
- Liña analóxica a través dun modem. Hai que realizar unha conexión especificando todos os datos do provedor no quipo que ten o modem.
- Liña dixital ADSL mediante un router. O router adoita ser subministrado polo provedor previamente configurado cos datos de conexión.
- Conexión cun dispositivo móbil. É posible acceder a internet dende o móbil, PDA ou calquera outro dispositivo con conexión de telefonía móbil. Facilita a conexión onde hai dificultades para chegar co cable e dá a liberdade de ter unha conexión móbil.
1 - Enchufar os cables de rede entre o router e os ordenadores e/ou o concentrador.
2 - Conectar o cable de telefo´nia dende o router á liña ADSL.
3 - Instalar os microfiltros nas rosetas telefónicas onde hai teléfonos.
4 - Enchufar o router á corrente eléctrica e acender.
5 - Esperar uns segundos ata que a luz ADSL do router estea acendida.
6 - As luces dos portos do router, onde se conectou algún equipo, tamén deben estar acendidas.
Configuración dunha conexión ADSL
Un router ten unha dirección IP e, polo tanto, é tratado como outro equipo máis. Cando se utiliza un router, aínda que só haxa un ordenador, pódese falar dunha rede e será suficiente con tela configurada correctamente para poder acceder a internet. A configuración da rede pódese realizar:
- Co asistente. Pódese utilizar o disco que subministra o provedor de servizos de internet ou o asistente do sistema operativo.
- Manualmente. Asignado como porta de enlace para cada ordenador a dirección IP do router.
Comprobacións
- O router vén por defecto cun servidor DHCP incorporado que asigna automaticamente unha dirección IP ao ordenador. Pódese comprobar que a dirección IP asignada é correcta cos comandos ipconfig ou ifconfig, dependendo do sistema operativo.
- Para saber se hai conexión entre un equipo e o router, facer un ping dende o ordenador á dirección IP do router.
- As luces verdes no router ou equipos adoitan indicar que hai boa conexión e as amarelas conflitos.