Milladoiro

lunes, 31 de enero de 2011

Tema 2.3: Configuración dunha rede.

3. CONFIGURACIÓN DUNHA REDE.
  • Configuración en Windows.
  • Identificación na rede.
  • Comprobar o funcionamento da rede en Windows.
  • Conectarse a unha rede WIFI dende un equipo.
  • Coñecer a dirección IP.
  • Ping.
  • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
  • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 

Unha vez instalados os elementos que compoñen unha rede, o seguinte paso é configurar cada un dos equipos para que a rede comece a funcionar.

Tanto Windows coma Linux detectan e configuran automaticamente a rede ao instalarse.

Non obstante, en calquera momento se pode verificar ou modificar esta configuración. Para iso desenvólvense os seguintes pasos:Configuración
Unha vez instalados os elementos que compoñen unha rede, o siguente paso é configurar cada un dos equipos para que a rede comece a funcionar.

Tanto Windows coma Linux detectan e configuran automaticamente a rede ao instalarse.

Non obstante, en calquera momento se pode verificar ou modificar esta configuración. Para iso desenvólvense os seguintes pasos:

Windows

1. Entrar no menú Inicio.
2. Facer clic co botón dereito do rato na icona Mis sitos de rede. Aparecerá a icona que informa sobre o estado da rede de área local.
3. Premer sobre esta icona co botón dereito do rato e seleccionar Propiedades.
4. Facer dobre clic sobre Protocolo Internet(TCP/IP)
Unha vez seguidos estes pasos, tanto en Linux coma en Windows, aparece o cadro de diálogo coa propiedades da conexión de área local dende onde se poden configurar parámetros referentes á rede, tales como:
-Nome do equipo.
-Grupo de traballo.
-Máscara de subrede.
-Porta de enlace.
-DNS
 

Identificación na rede

Cada un dos equipos que pertence a unha rede debe ter asignado un Nome distinto.
Á súa vez, estes equipos deben pertencer a un mesmo grupo de traballo que identifica á rede.
Exemplos:
Grupo de traballo:
CASA
Nome dos equipos:
PC Goyi
PC Alberto
PC Portátil

Comprobar o funcionamento na rede

Windows

1. Abrir o menú Inicio e facer clic sobre Mis sitios de rede. Aparece unha pantalla cos documentos compartidos na rede.
2. Para ver todos os ordenadores que forman parte da rede, facer clic en Ver equipos de grupo de traballo, mostrándose os equipos conectados á rede nese momento.


Conectarse a unha rede WIFI dende tu equipo

Un equipo WIFI conéctase automaticamente á rede que haxa ao seu alcance.
Facendo dobre clic sobre a icona é posible elixir entre unha das redes inarámicas dispoñibles tendo en conta que as redes de seguridade habilitada requiren un contrasinal.

Coñecer a direción IP

Para coñecer a IP que ten asignada un equipo da rede, executar o comondo:
Ifconfig se é baixo Linux.
Ipconfig se é baixo Windows.

PING

Serve para verificar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos ao dispositivo especificado por unha dirección IP.
 
                                            Ex/ping192.168.1.1

Hai que comprobar as estatísticas para verificar se os paquetes enviados son entregados ou non.
  


No hay comentarios:

Publicar un comentario