Milladoiro

martes, 1 de febrero de 2011

Tema 2.4: Xestión de usuarios e permisos.

4. XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS.
  • Creación de grupos de usuarios.
  • Identificación.
  • Xestión de contas en Windows.
  • Espacio de traballo.
  • Tipos de usuarios.
  • Adxudicación de permisos en Windows.
  • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
  • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 

Xestión de usuarios e permisos

Creación de grupos de usuarios

Linux e Windows son sistemas multiusuarios. Isto permite que varias persoas poidan usar o mesmo ordenador para realizar as súas tarefas.
Ambos os dous sistemas operativos xestionan a información asignando contas aos distintos usuarios. Dependendo do tipo de usuario, e os permisos que teña, o sistema permítelle o acceso aos recursos aos que estea autorizado.

Identificación

Para entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario (login) e un contrasinal (password).


Inicio de sesión Linux.


Inicio de sesión Windows

Unha vez introducidos estes datos, o sistema operativo permite o acceso aos recursos que se teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.

Xestión de contas

Contas en Windows

As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuario no Panel de control.



 Pódense crear novas contas, modificar ou eliminar as existentes, etc.




Tipos de usuarios    -Nesta ligazón encontrarás máis informacións-

Normalmente no sistema existe un Administrador e o resto son Usuarios.

  • Administrador ou root: É o encargado da configuración e mantemento do sistema. Ten acceso e privilexios sobre todos os recursos. Pode instalar e desinstalar programas ou hardware, xestionar aos usuarios, etc.
  • Usuario: É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administrador lle permite. Non pode cambiar a configuración nin eliminar arquivos esenciais.
  • Grupo: Os usuarios asócianse en forma de grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos. Cada usuario poderá acceder aos seus propios recursos e aos do grupo ao que pertence.
Exemplos de grupos son Alumnos, Profesores, Convidados, etc.

 

Espazo de traballo

Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde se almacena toda a información de cada usuario, os seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc.
Por exemplo, a conta de usuario María almacénase do seguinte modo:

Windows: C:/Documents and Settings/maria
Linux: /home/maria



Adxudicación de permisos en Windows

Establecer permisos en Windows.
 Para definir, ver, cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas en Windows:
1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
2. Seleccionar a pestana Seguridade. Móstrase un listado de todos os grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non terán acceso, ou ben, Agregar para engadir novos usuarios.
4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuario de que dispón podendo permitirse ou denegar cada un deles.

 



Se na ventá Propiedades non se mostra a pestana Seguridade:
1. Facer clic en Inicio.
2. Entrar no Panel de control.
3. Seleccionar Aparencia e temas.
4. Entrar en Opcións de carpeta.
5. Na pestana Ver, desactivar a casa Utilizar uso compartido simple de arquivos, que se encontra no apartado Configuración avanzada.
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario