Milladoiro

lunes, 21 de febrero de 2011

Tema 2.7: A rede intenet

7. A REDE INTERNET
  • Servicios de Internet.
  • Tipos de conexión.
  • Ancho de banda.
  • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
  • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 

Servizos de internet

Internet ofrece distintos servizos aos seus usuarios. Os máis destacados son:

  • Navegación (World Wide Web). O servizo con máis éxito en internet é a Word Wide Web, cuxa tradución é arañeira de alcance mundial. Tamén coñecido como www ou w^3.
A navegación de internet realízase a través de páxinas web. cada páxina pode conter texto, imaxes, son enlaces a outras páxinas, etc., polo que tamén se chaman páxinas de hipertexto. Parta acceder a este servizo utilízanse navegadores como Internet Explorer, Netscape, Firefox, Epiphany, etc.

  • Correo electrónico (@). Permite ao usuario recibir e enviar correos electrónicos a outros usuarios á rede situados en calquera lugar do mundo ao instante. Cada usuario necesita unha dirección de correo electrónico.
Para utilizalo adóitanse usar programas de correo como Evolution, OutlookExpress, Microsoft Outlook, Thunderbird, etc.

  • Transferencia de ficheiros (FTP). O FTP, File Transfer protocol, permite enviar ou recibir ficheiros entre dous ordenadores conectados á rede.
Utilízanse clientes FTP como o gFtp, o Ws-Ftp, etc.

  • Grupos de noticias (NEWS). News é un servizo de internet que permite o acceso aos grupos de discusión, tamén chamados grupos de noticias ou foros de discusión sobre os temas máis diversos.
As news son accesibles por vía web, con Netscape, Outlook Express, Microsoft Outlook, Thunderbird, etc.

  • Chat e videoconferencias (IRC). Pódense manter conversacións con outras persoas en tempo real. A comunicación pode realizarse usando só texto ou por medio de videoconferencia (imaxe e voz) con mIRC, Netmeeting, Gaim, Messeger, GnomeMeeting, etc.
  • Outros. Ademais dos anteriores hai gran variedade de servizos dispoñibles, tales como comercio electrónico, ferramentas colaboradoras. servizos Telnet, Gopher, Wais, Finger, etc.


Tipos de conexión

Existen distintas posibilidades para conectarse a internet. Algunhas delas xa son habituais e outras vanse introducindo cada vez máis. O obxectivo é dispoñer dunha conexión con grande ancho de banda a prezos alcanzables.
Segundo o canal de conexión que utilizan, os máis importantes son: 
 
  • Liña telefónica. Utilizan o cable do teléfono tradicional, podendo ser: 
- Liñas analóxicas. A conexión realízase utilizando un modem a 56 kbps conectado á RTB, (Rede de Telefónica Básica). É unha conexión lenta e non permite utilizar o teléfono mentres se está conectado a internet polo que está en desuso.
- Liñas dixitais. A información envíase codificada dixitalmente, transmitíndose máis rápida, segura e eficazmente. Son capaces de integrar varios servizos, de modo que se pode ver a TV dixital mentres se navega por internet e se fala por teléfono.

A máis coñecida é a ADSL, (Liña de Subscritor Dixital Asimétrica).
Utilízase un router e a conexión a internet é permanente. O seu prezo e ancho de banda están en función da velocidade contratada. 
  • Cable. Ten características similares á ADSL pero utilízase un cable de fibra óptica, que chega ata o domicilio, para a conexión.
Este servizo proporciónase por empresas come Ono, Telecable
Euskaltel, etc.

  • Telefonía móbil. O acceso a internet é posible a través da telefonía móbil para a conexión con teléfonos, PDA, ordenadores portátiles, etc. O inconveniente é que alcanzan velocidades baixas e as súas tarifas son elevadas.

A tecnoloxía móbil evolucionou a través de diversas xeracións baseadas en distintos sistemas como GMS, GPRS, UMTS e HSDPA.
Os móbiles de cuarta xeración son capaces de ofrecer aos usuarios prestacións e servizos similares aos ordenadores. Permiten a comunicación con voz, datos imaxe, video a velocidades de 100 Mbps en movemento e 1 Gbps en repouso.

  • Vía satélite. Permite dar cobertura a zonas onde non pode chegar o cable e é a base da televisión interactiva dixital.
  • Rede eléctrica. Aprovéitanse tes liñas eléctricas para transmitir datos a alta velocidade. Este servizo elimina a instalación de novos cables ao poder utilizar un simple enchufe eléctrico para a conexión.


Ancho de banda

Ancho de banda é a velocidade de transmisión de datos.

Kbps = Quilobits por segundo
Mbps = Megabits por segundo
Gbps = Gigabits por segundo

Recorda 1 byte = 8 bits




 


No hay comentarios:

Publicar un comentario