Milladoiro

miércoles, 23 de febrero de 2011

Tema 2.8 : Conexión a internet

8. CONEXIÓN A INTERNET
  • Proveedor de servicios de Internet.
  • Tipos de contas de acceso a Internet.
  • Módem e router.
  • Tipos de conexión.
  • Conectar o router cos dispositivos.
  • Configuración dunha conexión ADSL e comprobacións.
  • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
  • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 
Provedor de servizos de Internet





A conexión a internet realízase a través dun Provedor de Servizos de Internet (ISP). Este provedor subministra un conxunto de datos que fan posible a configuración da conexión. Este conxunto de datos coñécese como conta de acceso a internet.

Unha conta de acceso a internet está formada por:
Datos sumistrados - Ejemplo
Nome de usuario - eric.valor
Contrasinal - Campello
Teléfono ou nodo de acceso do provedor - 909101010
DNS Primaria (opción segundo provedor) - 194.127.1.25
DNA alternativa (opción segundo provedor) - 194.127.1.50

Tipos de contas de acceso a internet

As contas poden ser:

  •  Gratuítas. Non hai que pagar o provedor por facilitarnos esta conta. Cada vez que se accede págase o tempo de conexión. Ofrécese para conexións analóxicas e se tarifica a prezo de chamadas locais.
  • Con tarifa por franxa horaria. Ofrécense distintas tarifas en función do tempo de servizo (a partir das 6 da tarde, 24 horas, etc.) ou do ancho de banda contratado (2 Mbps, 8 Mbps, etc.).
  • Tarifa plana. É a opción habitualmente usada nas liñas ADSL onde a tarifa dependerá da velocidade de conexión contratada, independentemente do tempo de acceso.

Modem ou router


Modem. É un acrónimo dos termos MOdulador-DEModulador; é dicir, é un dispositivo que transforma os sinais analóxicos e viceversa.

Utilízase cando a conexión de internet é a través da liña de telefonía analóxica.



Router. Utilízase para a interconexión de redes de ordenadores. Por exemplo, na liña ADSL conéctase a rede do usuario (dixital) coa rede internet (dixital).

Se é inarámico permitirá o acceso a internet dende dispositivos que se conecten vía WiFi.

Tipos de conexión


Os modos habituais de conexión adoitan ser a través de:


  • Liña analóxica a través dun modem. Hai que realizar unha conexión especificando todos os datos do provedor no quipo que ten o modem.
  •  Liña dixital ADSL mediante un router. O router adoita ser subministrado polo provedor previamente configurado cos datos de conexión.
  • Conexión cun dispositivo móbil. É posible acceder a internet dende o móbil, PDA ou calquera outro dispositivo con conexión de telefonía móbil. Facilita a conexión onde hai dificultades para chegar co cable e dá a liberdade de ter unha conexión móbil.

Conectar o router cos dispositivos




Para establecer a conexión a internet:

1 - Enchufar os cables de rede entre o router e os ordenadores e/ou o concentrador.
2 - Conectar o cable de telefo´nia dende o router á liña ADSL.
3 - Instalar os microfiltros nas rosetas telefónicas onde hai teléfonos.
4 - Enchufar o router á corrente eléctrica e acender.
5 - Esperar uns segundos ata que a luz ADSL do router estea acendida.
6 - As luces dos portos do router, onde se conectou algún equipo, tamén deben estar acendidas.

Configuración dunha conexión ADSL

Un router ten unha dirección IP e, polo tanto, é tratado como outro equipo máis. Cando se utiliza un router, aínda que só haxa un ordenador, pódese falar dunha rede e será suficiente con tela configurada correctamente para poder acceder a internet. A configuración da rede pódese realizar:


  • Co asistente. Pódese utilizar o disco que subministra o provedor de servizos de internet ou o asistente do sistema operativo.
  • Manualmente. Asignado como porta de enlace para cada ordenador a dirección IP do router.

Comprobacións


  • O router vén por defecto cun servidor DHCP incorporado que asigna automaticamente unha dirección IP ao ordenador. Pódese comprobar que a dirección IP asignada é correcta cos comandos ipconfig ou ifconfig, dependendo do sistema operativo.


  •  Para saber se hai conexión entre un equipo e o router, facer un ping dende o ordenador á dirección IP do router.

  • As luces verdes no router ou equipos adoitan indicar que hai boa conexión e as amarelas conflitos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario