Milladoiro

miércoles, 2 de febrero de 2011

Tema 2.5: Compartir Recursos

 5. COMPARTIR RECURSOS
  • Compartir recursos en Windows.
  • Compartir impresoras.
  • Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos.
  • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
  • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 


    Compartir recursos      - Nesta ligazón encontrarás máis informacións-

    Compartir recursos en Windows
    Para poder compartir os recursos en rede é necesario que na configuración da rede de área local estea activada a casa Compartir impresoras e arquivos. Para iso, dentro de Conexións de rede, facer clic sobre o botón dereito do rato sobre
para ver as súas propiedades. 



      


         Compartir carpetas e discos

        Para compartir carpetas ou discos os pasos son similares: 
  
  • 1. Pulsar o botón dereito do rato sobre o que se vai compartir.
    2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
    3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que estea activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
    - Na compartición simple, pódese activar a casa
    Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite acceso total a ela na rede; de non a marcar só poderá ser lida ou copiada, non moficada.
    - Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asignar os permisos aos distintos usuarios.
    4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios fagan efecto.

    Ao compartir unha carpeta aparece baixo ela unha man. Este é o símbolo que identifica ás carpetas compartidas.



  •  
 
       Compartir impresoras 

  • No equipo con impresora
    1. facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
    2. Pulsar o botón dereito do rato sobre a icona da impresora e seleccionar a opción Compartir.
    3. Activar a casa Compartir impresora.
    4. Premer Aplicar e Aceptar.
    5. Visualízase en icona
     
     





    No resto dos equipos
    1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
    2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
    3. Visualizarase a icona

     



    Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos

    é posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen diferentes sistemas operativos instalados. Isto conséguese grazas á aplicación SAMBA de Linux.

    • Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.
    Dende Linux, para ver as carpetas compartidas noutros ordenadores da rede hai que usar a icona Red dispoñible entre as aplicacións do equipo. Os recursos que comparten os equipos con Windows son accesibles facendo clic na icona Red de Windows.



    No hay comentarios:

    Publicar un comentario