Milladoiro

lunes, 14 de febrero de 2011

Tema 2.6: Conexións entre dispositivos móbiles

Tema 2.6: Instalación y desistalación de aplicaciones

 6. CONEXIÓN ENTRE DISPOSITIVOS MÓBILES  
  • Dispositivos móbiles.
  • Computación móbil e oblicua.
  • Tipos de conexión inarámica.
  • Adaptadores USB.
  • Blackberry.
  • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
  • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 
 Dispositivos móbiles

Os avances tecnolóxicos na miniaturización de dispositivos e a evolución das redes inarámicas levaron cada vez máis á integración na nosa sociedade de dispositivos informáticos e portátiles. Estes dispositivos caracterízanse por ser móbiles, tendo capacidade de procesamento e comunicación en rede, polo que as posibilidades que ofrecen son practicamente infinitas: vixilancia, telefonía, música, fotos, vídeo, etc., en calquera momento e lugar.

Entre os dispositivos móbiles inclúense:
-Ordenadores portátiles.

-Dispositivos de man
(handheld), como teléfonos móbiles, asistente dixitais persoais (PDA), GPS, videocámaras, etc.




-Dispositivos que se poden levar postos, como reloxos dixitais con funcionalidades semellantes á dos PDA, pezas de vestir con tecnoloxía implantada, sensores, etc.
-Dispositivos inseridos en aparatos, como vehículos, electrodomésticos, etc.

A facilidade de transporte se moitos destes dispositivos, xunto coa súa capacidade para conectarse axeitadamente a redes en diferentes lugares, fai posible a computación móbil e ubicua.


Computación móbil e ubicua
  • Chámase computación móbil á realización de tarefas informáticas mentres o usuario está en movemento ou en lugares distintos do seu ámbito habitual. eEto permite que os usuarios poidan acceder a internet ou mesmo ao seu intranet ( de casa ou do traballo) dende calquera lugar e poden imprimir utilizando a impresora máis próxima.

Unha das características esenciais para o uso de dispositivos móbiles é a súa conexión doada a rede local mediante enlaces inarámicos que poidan manterse aínda que haxa movemento (trens, barcos, etc.).

Un dispositivo colocado nun novo ámbito reconfigurar se automaticamente e sen intervención do usuario. Por exemplo, un teléfono móbil detecta de forma automática a nova rede ao viaxar a outro país.

  • Computación ubicua é a integración da informática no ámbito dos usuarios utilizando dispositivos móbiles que poidan comunicarse entre eles de forma intelixente e transparente ao usuario. Por exemplo, é posible ver a imaxe da cámara de vixilancia no móbil, ou recibir un aviso cando a lavadora remata.

Tipos de conexión inarámica

A conexión dos dispositivos móbiles necesita redes de comunicacións inarámicas (xírelles networks). Existen diversas tecnoloxías de comunicación inarámicas. Algunhas das máis utilizadas son:
 
  • Redes WIFI, son redes de área local inarámica para a conexión de ordenadores.
  • Redes WiMAZ, son redes de área metropolitana (uns 50 km) que permiten a conexión por banda ancha de alta velocidade.
  • Redes ad-hoc, permiten a conexión directa de dispositivos entre si, sen necesidade de dispoñer dun punto de acceso que centralice a xestión das comunicacións inarámicas de rede.
  • Comunicación WAP, para comunicacións inarámicas por telefonía móbil.
  • Redes por infravermellos (IR), permiten a comunicación entre os dispositivos, visibles entre si, usando ondas infravermellas.
  • BlueTooth, utilízase para a conexión inarámica de curto alcance (10 metros). Esta tecnoloxía inclúena diversos dispositivos como teclados, iPod, móbiles, impresoras, PDA, cámaras dixitais, auriculares, etc., para intercambiar información.

    Blackberry
     
    É un dispositivo handheld inarámico co que se poden utilizar os servizos de correo electrónico, telefonía móbil, SMS, navegación web e outros servizos de información inarámicos.
      




     ADAPTADORES USB
     
    Para converter algúns dispositivos como PC, portátiles, impresoras, etc., en móbiles pódese usar unha targeta inarámica ou un adaptador USB. A vantaxe dos adaptadores USB é que non necesitan montaxe, simplemente conectar o adaptador nun porto USB.
     

     

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario